A Xunta colaborará co concello de Arbo para impulsar a declaración do seu barrio da estación como Área de Rehabilitación Integral | Observatorio de Vivenda

A Xunta colaborará co concello de Arbo para impulsar a declaración do seu barrio da estación como Área de Rehabilitación Integral

A Xunta colaborará co concello de Arbo para impulsar a declaración do seu barrio da estación como Área de Rehabilitación Integral

A Xunta de Galicia colaborará co Concello de Arbo para avanzar na declaración do barrio da Estación como Área de rehabilitación integral (ARI), brindándolle apoio técnico e asesoramento respecto dos trámites a seguir a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Deste xeito, o Goberno local quere darlle un impulso definitivo ao devandito barrio pola vía da rehabilitación dos edificios existentes e da intervención e mellora nos equipamentos públicos. Para iso, traballa xa na súa solicitude ante a Xunta para declarar este ámbito como ARI, que sería a primeira no seu caso.

Fonte | Xunta de Galicia