A Xunta colaborará coas empresas do sector para afondar na rehabilitación de vivendas | Observatorio de Vivenda

A Xunta colaborará coas empresas do sector para afondar na rehabilitación de vivendas

A Xunta colaborará coas empresas do sector para afondar na rehabilitación de vivendas

A Xunta de Galicia colaborará coas firmas representadas pola nova Federación de asociacións de empresas da reforma e rehabilitación de Galicia (Federgal) co fin de afondar na recuperación dos inmobles da Comunidade.

Así, os membros de Federgal poderán difundir e comunicar aos seu clientes e potenciais beneficiarios toda a información relativas as diferentes liñas de axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios que ofrece a Xunta de Galicia e os programas de actuacións directas do IGVS, como o programa Rexurbe ou as axudas para rehabilitación destinadas a particulares, comunidades de propietarios e concellos.

Ademáis, a Xunta buscará canles de colaboración coas empresas do sector da rehabilitación para trasladarlles toda a infromación sobre as distintas liñas de actuación incluídas nos fondos europeos destinados a vivenda.

Fonte | Xunta de Galicia