A Xunta colaborará con cooperativas, construtores e promotores na aplicación en Galicia dos fondos europeos destinados á construción de vivendas en alugueiro | Observatorio de Vivenda

A Xunta colaborará con cooperativas, construtores e promotores na aplicación en Galicia dos fondos europeos destinados á construción de vivendas en alugueiro

A Xunta colaborará con cooperativas, construtores e promotores na aplicación en Galicia dos fondos europeos destinados á construción de vivendas en alugueiro

A Xunta de Galicia colaborará con promotores, construtores e cooperativas no desenvolvemento de proxectos para a construción de vivendas en alugueiro cofinanciadas cos fondos europeos que recibirá Galicia a través do Plan de recuperación económica.

En concreto, España contará con mil millóns de euros da UE para o programa de axudas á construción de vivendas de alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes, dos que se estima que a Galicia lle corresponderían máis de 58 millóns de euros. Con estas subvencións, prevese que se poidan construír na Comunidade ata 1.400 vivendas para alugueiro por parte de promotores públicos e privados.

Os beneficiarios destes fondos europeos destinados a vivenda e especialmente dos dirixidos á construción de vivendas para alugueiro, poderán ser tanto os promotores e as cooperativas de vivendas, como as administracións públicas que promovan vivendas deste tipo.

Fonte | Xunta de Galicia