A Xunta comprará edificios na zona vella de Tui para rehabilitar e destinar a alugueiro social | Observatorio de Vivenda

A Xunta comprará edificios na zona vella de Tui para rehabilitar e destinar a alugueiro social

A Xunta comprará edificios na zona vella de Tui para rehabilitar e destinar a alugueiro social

Tui segue dando pasos de face á rehabilitación dos edificios en ruínas da súa zona vella, o segundo máis importante de Galicia. Tras a recente aprobación do Plan Especial de Protección do Conxunto-Histórico-Artístico de Tui, agora a Xunta anuncia que comprará inmobles por importe de 250.000 euros, unha contía que deixan aberta a ampliación.

Ditas adquisicións realizaranse dentro do Programa Rexurbe, con o obxectivo de rehabilitar os inmobles e destinalos a vivendas de alugueiro social.

Un dos criterios que se terá en conta para a adquisición dos edificios é o interese da área no que se atopen, dando prioridade aos inmobles que teñan maior valor arquitectónico e por tanto aconséllese a súa recuperación. 

Fonte | Faro de Vigo