A Xunta concede a Dozón 38.500 euros para obrar en vivendas de titularidade local | Observatorio de Vivenda

A Xunta concede a Dozón 38.500 euros para obrar en vivendas de titularidade local

A Xunta concede a Dozón 38.500 euros para obrar en vivendas de titularidade local

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de aprobar unha axuda de máis de 38.500 euros para que Dozón rehabilite vivendas de titularidade municipal e así poder sacalas ao mercado mediante o formato de alugueiro social. Ademais desta achega económica para Dozón, a Xunta concede outros 72.000 euros á Lama e 38.000 para As Neves, tamén co mesmo fin.

Estas subvencións enmárcanse na política de restauración e reactivación do mercado público de vivenda, unha acción que este ano conta cun orzamento de 12 millóns de euros, dentro de seis programas específicos e cos que se pretenden atender unhas 2.300 solicitudes do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

Fonte | Faro de Vigo