A Xunta concede unha axuda de case 2,5 M€ ao concello da Coruña para a construción de 50 vivendas | Observatorio de Vivenda

A Xunta concede unha axuda de case 2,5 M€ ao concello da Coruña para a construción de 50 vivendas

 A Xunta concede unha axuda de case 2,5 M€ ao concello da Coruña para a construción de 50 vivendas

A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 2.475.510 euros ao concello da Coruña para a construción de 50 vivendas para alugueiro social na parcela Z-37 de Xuxán, unha zona coñecida anteriormente como Parque Ofimático. A subvención destinarase á construción de 50 vivendas por parte do Concello da Coruña, que prevé investir un total de 9.746.002,21 euros na futura promoción.

Segundo o proxecto municipal presentado ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), prevese a construción dun inmoble de 5 plantas, máis 1 baixo e 3 sotos, que acollerá en total 10 vivendas de 2 dormitorios e outras 40 vivendas de 3, ademais de locais comerciais e garaxes.

A Xunta tamén resolveu conceder outra axuda de 1,19 millóns de euros ao Concello de Vigo para a construción neste caso dun edificio de 27 vivendas que serán adxudicadas de igual xeito en réxime de alugueiro social.

Fonte.- Xunta de Galicia