A Xunta concede unha axuda de preto de 1,2 M€ ao concello de Vigo para a construción de 27 vivendas | Observatorio de Vivenda

A Xunta concede unha axuda de preto de 1,2 M€ ao concello de Vigo para a construción de 27 vivendas

A Xunta concede unha axuda de preto de 1,2 M€ ao concello de Vigo para a construción de 27 vivendas

A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 1.187.982 euros ao Concello de Vigo para a construción de 27 vivendas para alugueiro social nunha parcela emprazada no Camiño Esturáns. A subvención está destinada á promoción de 27 vivendas por parte do Goberno local, que prevé investir un total de 4.486.996,80 euros.

Segundo o proxecto municipal presentado ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), prevese a construción dun inmoble dividido en 9 plantas, máis 1 baixo e 3 sotos, que acollerá un total de 27 vivendas, ademais de garaxes.

A Xunta tamén resolveu conceder outra axuda de preto de 2,5 millóns de euros ao Concello da Coruña para a construción de 50 vivendas que serán adxudicadas de igual xeito en réxime de alugueiro social.

Fonte.- Xunta de Galicia