A Xunta convoca hoxe as axudas do Fondo de cooperación para a rehabilitación de inmobles en concellos de menos de 50.000 habitantes | Observatorio de Vivenda

A Xunta convoca hoxe as axudas do Fondo de cooperación para a rehabilitación de inmobles en concellos de menos de 50.000 habitantes

A Xunta convoca hoxe as axudas do Fondo de cooperación para a rehabilitación de inmobles en concellos de menos de 50.000 habitantes

A Xunta convoca hoxe no Diario Oficial de Galicia as axudas do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Trátase dun programa creado en 2017 polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e que na actual convocatoria –a de 2021- reserva case 4,5 millóns de euros. Os concellos interesados en participar no mesmo dispoñen ata o 1 de outubro para presentar as súas solicitudes.

Así, anímase aos concellos galegos a presentar os seus proxectos e beneficiarse deste crédito, que deberán devolver a administración galega nun prazo de oito anos sen xuros. Os incentivos serven para levar a cabo actuacións de rehabilitación, así como para adquirir inmobles para a súa posterior recuperación.

Grazas a este programa, xa se impulsaron 36 axudas por un importe de máis de 7 millóns de euros.

Fonte | IGVS