A Xunta convoca por 1 millón de euros as axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública | Observatorio de Vivenda

A Xunta convoca por 1 millón de euros as axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública

A Xunta convoca por 1 millón de euros as axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública

A Xunta de Galicia destinará 1 millón de euros a axudas a comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública para reparación, rehabilitación e/ou adaptación dos edificios de vivendas promovidos polo IGVS ou transferidos á Comunidade autónoma, segundo establece a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia coa convocatoria das mesmas para 2021.

Destas subvencións, que xa favoreceron a preto de 2.800 vivendas de promoción pública desde 2016, poderán beneficiarse as comunidades de propietarios dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo IGVS e dos transferidos á Xunta sempre que non recibisen outra axuda do IGVS para realizar obras polo mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria.

A contía da subvención será de ata o 60% do orzamento subvencionable e ata un máximo de 5.000 euros por vivenda.

As solicitudes poderán presentarse durante o prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación da resolución no DOG, polo que dito prazo rematará o 22 de xuño de 2021.

Fonte | Xunta de Galicia