A Xunta convocará a comezos de 2021 unha liña de axudas con 17 millóns de euros para mellorar a eficiencia enerxética de edificios existentes | Observatorio de Vivenda

A Xunta convocará a comezos de 2021 unha liña de axudas con 17 millóns de euros para mellorar a eficiencia enerxética de edificios existentes

A Xunta convocará a comezos de 2021 unha liña de axudas con 17 millóns de euros para mellorar a eficiencia enerxética de edificios existentes

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salientou que a comezos de 2021 se convocará a liña de axudas con 17 millóns de euros para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios existentes. 

Segundo a conselleira, esta liña de axudas que será convocada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo a comezos de xaneiro están dirixidas aos propietarios de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial e ás comunidades de persoas propietarias o as agrupacións de comunidades; e grazas a estas actuacións se aforra enerxía e custos, se definen vivendas máis eficientes e se acadan inmobles máis respectuosos co medio ambiente.

Así, ata o ano 2023 os veciños interesados en mellorar a eficiencia enerxética da envolvente térmica, apostar polo uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria e nas instalacións de iluminación, poderán acceder aos fondos dispoñibles e que para o ano 2021 se fixan en 8,5 millóns de euros.

Fonte | Xunta de Galcia