A Xunta convocará en marzo axudas por 2,3 millóns de euros para mellorar infraestruturas en concellos de menos de 20.000 habitantes | Observatorio de Vivenda

A Xunta convocará en marzo axudas por 2,3 millóns de euros para mellorar infraestruturas en concellos de menos de 20.000 habitantes

A Xunta convocará en marzo axudas por 2,3 millóns de euros para mellorar infraestruturas en concellos de menos de 20.000 habitantes

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicará no mes de marzo unha orde de axudas dotada con 2,3 millóns de euros e destinada á creación ou mellora de infraestruturas en concellos de menos de 20.000 habitantes. A convocatoria, de carácter bianual, reservará 1,3 millóns a financiar actuacións municipais este ano e outros 950.000 euros quedarán para o vindeiro exercicio.

Así, en 2021 a Consellería de Medio Ambiente manterá a liña vixente de colaboración cos concellos, reservando nos seus orzamentos máis de 7,4 millóns de euros para financiar actuacións en municipios e contornas urbanas e parte deses fondos mobilizaranse a través da nova orde de axudas 2021-2022 para creación ou mellora de infraestruturas en concellos de menos de 30.000 habitantes e para actuacións municipais que cumpran cos obxectivos de dinamización social e humanización inspiradores do Plan Hurbe.

Fonte | Xunta de Galicia