A Xunta convocará a finais deste mes axudas de ata 50.000 euros por vivenda para concellos que rehabiliten con fins residenciais | Observatorio de Vivenda

A Xunta convocará a finais deste mes axudas de ata 50.000 euros por vivenda para concellos que rehabiliten con fins residenciais

A Xunta convocará a finais deste mes axudas de ata 50.000 euros por vivenda para concellos que rehabiliten con fins residenciais

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convocará a finais do mes de febreiro unha nova orde de subvencións dirixida a concellos que queiran rehabilitar edificacións e vivendas municipais para destinalas a alugamento social. Dotada dun orzamento global de 1,71 millóns de euros, a contía das subvencións poderá chegar ata os 50.000 euros por vivenda rehabilitada en caso de que se atope dentro dun ámbito declarado como Área Rexurbe.

Así, saliéntase a importancia deste tipo de axudas autonómicas para que as entidades locais, sobre todo as máis pequenas, poidan contar cun parque propio de vivendas públicas que poñer a disposición dos seus veciños.

Ademais, cómpre lembrar que grazas á creación deste programa para o fomento da rehabilitación residencial no ano 2017, xa se actuou sobre un total de 129 vivendas en decenas de concellos galegos, unha medida coa que se potencia o medio rural como lugar para vivir e pretende, á vez, servir como motor de reactivación económica para os municipios.

Fonte | IGVS