A Xunta creará catro proxectos de ‘cohousing’ en aldeas abandonadas para 300 maiores | Observatorio de Vivenda

A Xunta creará catro proxectos de ‘cohousing’ en aldeas abandonadas para 300 maiores

A Xunta creará catro proxectos de ‘cohousing’ en aldeas abandonadas para 300 maiores

A pandemia obrigou á Xunta a replantearse o modelo de residencias da terceira idade e a buscar outras opcións que melloren o confort dos maiores con solucións que se asemellen máis a un fogar e unha destas alternativas é o cohousing, vivendas colectivas nas que unha comunidade de persoas maiores cooperan e comparten recursos como a limpeza, a atención sanitaria, servizos de comidas...

A Consellería de Política Social planea xa catro proxectos deste tipo para os que contempla un investimento de 12 millóns de euros que espera financiar con fondos europeos cos que pretende rehabilitar catro aldeas abandonadas no rural nas que poden instalarse 300 maiores.

En total, a Xunta enviou ao Goberno un listado de varias iniciativas contra a despoboación rural que ascenden a 71,3 millóns de euros, todas elas enfocadas a revitalizar os concellos máis pequenos, de menos de 5.000 habitantes.

Ademais as vivendas serán ecosustentables e terán todas as tecnoloxías de comunicación e domótica precisas para responder as súas necesidades de seguridade doméstica, comunicación con familiares e amigos, mobilidade, asistenciais e de ocio. Estarán conectadas en todo momento cos servizos sociais e sanitarios de modo que se garantice a súa atención inmediata en caso de necesidade baixo ass modalidades de teleasistencia e telemonitorización.

Fonte | La Opinión Coruña