A Xunta de Galicia adxudica a redacción de tres proxectos do programa Rexurbe en Ferrol Vello | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia adxudica a redacción de tres proxectos do programa Rexurbe en Ferrol Vello

A Xunta de Galicia adxudica a redacción de tres proxectos do programa Rexurbe en Ferrol Vello

A Xunta de Galicia adxudicou o contrato de redacción dos proxectos de rehabilitación de dous edificios na rúa Benito Vicetto 17 e na rúa dos Mártires 9 e a construción dun edificio na rúa Castro 22-24. Os tres inmobles están situados no Casco Vello de Ferrol e serán destinados a vivendas de promoción pública. O contrato inclúe a dirección das obras ademáis da redacción dos tres proxectos. 

Próximamente, adxudicarase a redacción dos proxectos de outros seis inmobles adquiridos polo IGVS en Ferrol Vello no marco do programa Rexurbe. As vivendas resultantes calificaranse como promoción pública e adxudicaranse en réxime de alugueiro social a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia. 

 

Fonte | Xunta de Galicia