A Xunta de Galicia adxudica a redacción do proxecto de urbanización do entorno de San Paio de Navia onde se construirán 1.600 vivendas protexidas | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia adxudica a redacción do proxecto de urbanización do entorno de San Paio de Navia onde se construirán 1.600 vivendas protexidas

A Xunta de Galicia adxudica a redacción do proxecto de urbanización do entorno de San Paio de Navia onde se construirán 1.600 vivendas protexidas

A Xunta de Galicia adxudicou a redacción do proxecto de urbanización do entorno de San Paio de Navia, en Vigo, no que está prevista a construción de 1.600 novas vivendas protexidas. Cun prazo de execución de seis meses e medio, o contrato foi adxudicado o pasado 30 de xuño á empresa PROYFE SL por un importe de 211.155,89 euros e o seu obxectivo é planificar as obras de urbanización dos 265.000 metros cadrados do entorno unha vez completada a súa ampliación. 

Unha vez estea aprobado definitivamente o plan parcial, poderase proceder á expropiación dos terreos do primeiro polígono de San Paio de Navia que non foran adquiridos anteriormente. Para esta actuación a Xunta de Galicia ten reservados nos presuposto de 2020 seis millóns de euros, que permitirán comprar o solo restante previsto e avanzar na urbanización dos 265.000 m2 de todo o entorno. 

 

Fonte | Xunta de Galicia