A Xunta de Galicia ampliará ata os 3 anos o prazo para presentar o informe de avaliación dos edificios catalogados co obxectivo de facilitar o trámite aos afectados | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia ampliará ata os 3 anos o prazo para presentar o informe de avaliación dos edificios catalogados co obxectivo de facilitar o trámite aos afectados

A Xunta de Galicia ampliará ata os 3 anos o prazo para presentar o informe de avaliación dos edificios catalogados co obxectivo de facilitar o trámite aos afectados

A Xunta de Galicia quere ampliar de 1 ata 3 anos o prazo inicialmente previsto para que os inmobles catalogados que teñan 50 anos de antigüidade ou máis poidan cumprir coa obriga de presentar o novo Informe de avaliación de edificios (IAE), posto en marcha co obxectivo de acreditar o estado de conservación, a accesibilidade e a eficiencia enerxética dos inmobles residenciais.

Para modificar a aplicación da medida, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) someterá a consulta pública previa, desde hoxe e durante un período de 15 días, a modificación do decreto polo que se regula o devandito informe.

Esta ampliación do prazo lévase a cabo despois de identificar dificultades nos últimos meses para conseguir os acordos das comunidades de propietarios necesarios para proceder á elaboración e posterior presentación do devandito informe.

Fonte | Xunta de Galicia