A Xunta de Galicia aposta por aproveitar parte dos fondos europeos para impulsar a rehabilitación enerxética de edificios | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia aposta por aproveitar parte dos fondos europeos para impulsar a rehabilitación enerxética de edificios

A Xunta de Galicia aposta por aproveitar parte dos fondos europeos para impulsar a rehabilitación enerxética de edificios

A Xunta de Galicia aproveitará parte dos 117 millóns de euros dos fondos europeos dos programas de vivenda para os vindeiros anos para darlle un pulo definitivo á rehabilitación residencial e máis concretamente, a aquelas actuacións que teñan como fin lograr unha optimización enerxética dos inmobles.

Así, segundo as estimacións da Xunta, estes fondos permitirán reducir entre 40.000 e 65.000 Tn anuais as emisións de CO2 vencelladas ao sector residencial grazas ás intervencións previstas nun total de 11.500 vivendas galegas, o que permitirá cumprir cos principais obxectivos de sostibilidade e neutralidade climática fixados pola UE e asumidos plenamente por Galicia, como, por exemplo, a redución nun 55% das emisións de CO2 de aquí a 2030.

En concreto, serán sete novos programas que terán como fío condutor a aposta pola eficiencia enerxética con aforros nos consumos de, como mínimo, un 30%, a través da construción de edificios de tipo residencial e, sobre todo, da rehabilitación e mellora de inmobles existentes.

Fonte | Xunta de Galicia