A Xunta de Galicia aproba a ampliación dos fondos do Bono de Alugueiro Social ata os 4,4 millóns para este ano | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia aproba a ampliación dos fondos do Bono de Alugueiro Social ata os 4,4 millóns para este ano

A Xunta de Galicia aproba a ampliación dos fondos do Bono de Alugueiro Social ata os 4,4 millóns para este ano

O Goberno autonómico aprobou onte, na súa reunión semanal, o acordo polo que se autoriza a ampliación de fondos do Bono Alugueiro Social até chegar aos 4,4 millóns de euros este ano.

Con esta axuda, a Xunta facilita o acceso e o mantemento dunha vivenda en réxime de alugueiro a aqueles colectivos con maiores dificultades económicas. A través desta convocatoria xa se concederon este ano 112 novas axudas, a totalidade das solicitudes que cumprían os requisitos que se establecen na orde, para sumar un total de 1.245 activas.

Segundo a convocatoria, o bono que reciba cada beneficiario será dunha contía de 225, 200 ou 175 euros ao mes, equivalentes como mínimo ao 50% da renda mensual máxima da vivenda alugada segundo a localidade na que estea.

Posteriormente, poderase ampliar tamén de forma extraordinaria por outro tres exercicios, polo que a duración máxima de percepción das subvencións poderase estender ata o seis anos.

 

Fonte | Faro de Vigo