A Xunta de Galicia colaborará co Concello de Porto do Son no desenvolvemento de actuacións en materia de vivenda e solo empresarial | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia colaborará co Concello de Porto do Son no desenvolvemento de actuacións en materia de vivenda e solo empresarial

A Xunta de Galicia colaborará co Concello de Porto do Son no desenvolvemento de actuacións en materia de vivenda e solo empresarial

A Xunta de Galicia e o Concello de Porto do Son analizan vías de colaboración para o desenvolvemento de actuacións en materia de vivenda e solo empresarial, promovidas pola Administración local.

Na reunión mantida entre ambas institucións, abordáronse as condicións dun dos programas dirixidos aos concellos galegos para rehabilitar inmobles de titularidade municipal e facilitar vivenda pública en alugueiro, como é o Fondo de Cooperación, para o cal se duplicou recentmente o orzamento ata os 20 millóns de euros

Tamén se presentou un novo programa de préstamos de apoio ás entidades locais dotado con 3 millóns de euros, que terá un funcionamento similar ao Fondo de cooperación; pero no caso concreto desta nova iniciativa será facilitar aos concellos a liquidez necesaria para promover ou comprar vivendas de nova construción dirixidas a alugueiro social.

Fonte | Xunta de Galicia