A Xunta de Galicia convoca as axudas para financiar intervencións na Área de Rehabilitación Integral da Ribeira Sacra  | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia convoca as axudas para financiar intervencións na Área de Rehabilitación Integral da Ribeira Sacra 

A Xunta de Galicia convoca as axudas para financiar intervencións na Área de Rehabilitación Integral da Ribeira Sacra 

A Xunta de Galicia convocará nas próximas semanas a orde de axudas para financiar intervencións tanto de particulares como de concellos na Área de Rehabilitación Integral (ARI) da Ribeira Sacra. A ARI da Ribeira Sacra está xestionada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e intégrana un total de 25 concellos das provincias de Lugo e Ourense.

A posta en marcha desta ARI é unha das 10 iniciativas de carácter ambiental e de ordenación do medio físico e urbano incluídas no Plan Estratéxico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a Ribeira Sacra. Este conxunto de medidas suman en total 3,5 millóns de euros e con elas preténdese mellorar a protección deste territorio a nivel paisaxístico, ambiental e urbanístico, ao tempo que se regulan as futuras intervencións no mesmo.

Grazas a esta declaración, tanto os concellos como os particulares poderán acceder a axudas públicas para promover accións integrais de rehabilitación dentro do seu ámbito territorial. Esta primeira convocatoria de axudas estará inicialmente dotada cunha partida de 850.000 euros.

 

Fonte | Xunta de Galicia