A Xunta de Galicia convoca a primeira edición da Bandeira Verde de Galicia | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia convoca a primeira edición da Bandeira Verde de Galicia

A Xunta de Galicia convoca a primeira edición da Bandeira Verde de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publico o pasado 27 de xullo a orde pola que se regulan as bases para a concesión da Bandeira Verde de Galicia, un novo distintivo de boas prácticas co que a Xunta de Galicia quere recoñecer e premiar a aqueles concellos que destaquen polo seu traballo a favor da protección da paisaxe e do medio ambiente. 

Poderán optar ao distintivo tódolos municipios da Comunidade que acrediten a realización de actividades que incidan na protección paisaxística e medioambiental do seu entorno. Os interesados en participar nesta primeira edición deberán presentar a súa candidatura por medios electrónicos entre o 28 de xullo e o 21 de setembro. 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), encargarase de analizar as candidaturas presentadas. Otorgarase o distintivo tendo en conta as accións incluidos en cada candidatura en relación a catro ámbitos: a protección da paisaxe, o cambio climático e a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos e as accións de sensibilización e comunicación.  

Unha das grandes ventaxas do otorgamento deste distintivo é que constituirá un mérito aos efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural. 

 

Fonte | Xunta de Galicia