A Xunta de Galicia destina 278.000 euros á reparación e mellora de vivendas de promoción pública no Concello de Mugardos | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia destina 278.000 euros á reparación e mellora de vivendas de promoción pública no Concello de Mugardos

A Xunta de Galicia destina 278.000 euros á reparación e mellora de vivendas de promoción pública no Concello de Mugardos

A Xunta de Galicia destinará 277.297,38 euros ás obras de reparación e mellora dun grupo de nove vivendas de promoción pública (VPP) construídas no concello coruñés de Mugardos. 

A actuación consistirá principalmente nos remates do tellado inclinado que se colocou, por trámite de urxencia, sobre a actual cuberta plana para evitar as filtracións da auga da chuvia ás vivendas, no que se investiron preto de 40.000 euros. Os remates consistirán na colocación de canlóns e baixantes e na instalación sobre o tellado do sistema de produción de auga quente con enerxía solar. Tamén se repararán os paramentos verticais e horizontais do interior das vivendas que resultaron danados polas humidades, repoñendo os recebos e as pinturas orixinais e aqueles pavimentos que resultasen afectados. 

As empresas interesadas na licitación dispoñen dun prazo de 26 días para a presentación das súas ofertas.

 

Fonte | IGVS