A Xunta de Galicia destina 3 millóns de euros a subvencións a mellora da eficiencia enerxética en vivendas de promoción pública  | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia destina 3 millóns de euros a subvencións a mellora da eficiencia enerxética en vivendas de promoción pública 

A Xunta de Galicia destina 3 millóns de euros a subvencións a mellora da eficiencia enerxética en vivendas de promoción pública 

Segundo establece a Resolución do 1 de xuño de 2020 publicada no Diario Oficial de Galicia, a Xunta de Galicia destina tres millóns de euros a subvencións a comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública para a realización de obras de mellora de eficiencia enerxética en edificios de vivendas promovidos polo IGVS ou transferidos á comunidade autónoma de Galicia. 

As axudas son cofinanciadas con fondos europeos, no marcos do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e poderán beneficiarse delas as comunidades de propietarios dos edificios contemplados no ámbito da aplicación, que constitúan a totalidade dun mesmo edificio ou dun conxunto de vivendas unifamiliares e que vaian realizar actuacións de mellora de eficiencia enerxética obxecto da subvención. 

As actuacións poderán estar iniciadas no momento de solicitar esta subvención, sempre que non teñan comezado antes do 1 de xaneiro de 2020 e non teñan executado mais dun 60 % do custe total das obras. A contía da subvención será do 80 % do orzamento subvencionable. 

 

Fonte | IGVS