A Xunta de Galicia destina 3,5 millóns de euros a construción de 24 vivendas de promoción pública en Santiago de Compostela | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia destina 3,5 millóns de euros a construción de 24 vivendas de promoción pública en Santiago de Compostela

A Xunta de Galicia destina 3,5 millóns de euros a construción de 24 vivendas de promoción pública en Santiago de Compostela

A Xunta de Galicia destinará 3.513.859,70 euros á construción de 24 vivendas de promoción pública (VPP) nunha parcela propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no SUNP 13 de Santiago de Compostela, emprazado na rúa do Castiñeiriño.

A licitación desta obra publicouse o 4 de xuño, e terá un prazo de execución de 18 meses dende a formalización do contrato. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 30 de xuño.

O proxecto de construción prevé vivendas de catro, tres e dous dormitorios. O edificio estará composto por planta baixa e tres andares. Contará con 2.581 metros cadrados útiles de vivendas e cun local de máis de 600 metros cadrados de superficie útil, ademais de rochos e dúas plantas de soto para garaxes. As vivendas estarán dotadas de enerxía xeotérmica para produción de auga quente sanitaria e calefacción por chan radiante.

 

Fonte | Xunta de Galicia