A Xunta de Galicia destina 8 millóns de euros para axudas ao alugueiro das persoas vulnerables por causa da COVID-19 | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia destina 8 millóns de euros para axudas ao alugueiro das persoas vulnerables por causa da COVID-19

A Xunta de Galicia destina 8 millóns de euros para axudas ao alugueiro das persoas vulnerables por causa da COVID-19

A Xunta de Galicia destinará un orzamento de 8 millóns de euros ás axudas extraordinarias ao alugueiro destinadas a persoas en situación de vulnerabilidade por causa da COVID-19. Esta contía inicial permitirá outorgar case 3.500 axudas, pero a Xunta xa trasmitiu ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que a dotación orzamentaria resulta claramente insuficiente para atender o volume de pontenciais beneficiarios. 

Os beneficiarios destas axudas para vivenda habitual e permanente deberán acreditar a situación de vulnerabilidade, segundo os criterios fixados polo Goberno do Estado. A contía desta axuda será como máximo 500 euros mensuais, sen que en ningún caso poida exceder o importe total da renda do contrato. Así mesmo, a axuda concederase polo prazo no que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia da COVID-19 e, en todo caso, por un máximo de 6 meses, e polo tanto por un máximo de 3.000 euros en total.

A Xunta de Galicia tamén tomou a decisión de prolongar ata finais de 2020 a súa axuda extraordinaria ás familias galegas que actualmente son beneficiarias do Bono de alugueiro social ou que nos próximos meses o soliciten e se incorporen ao programa. Deste xeito, estímase que unhas 1.000 familias non terán que aboar nada pola renda da súa vivenda durante o que resta de ano. 

 

Fonte | Xunta de Galicia