A Xunta de Galicia destina un millón de euros a subvencionar obras de rehabilitación, adaptación e mellora de vivendas de promoción pública  | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia destina un millón de euros a subvencionar obras de rehabilitación, adaptación e mellora de vivendas de promoción pública 

A Xunta de Galicia destina un millón de euros a subvencionar obras de rehabilitación, adaptación e mellora de vivendas de promoción pública 

Segundo establece a Resolución publicada o 29 de maio de 2020 no Diario Oficial de Galicia, a Xunta de Galicia destinará un millón de euros a subvencionar obras de rehabilitación, adaptación e mellora de vivendas de promoción publica. 

Poderán beneficiarse destas subvencións as comunidades de propietarios dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo IGVS e dos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia sempre que non recibisen outra axuda do IGVS para realizar obras polo mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria. 

As actuacións deberán axustarse á normativa técnica aplicable vixente no momento da súa execución e poderán estar iniciadas no momento de solicitar a subvención sempre que non teñan comezado antes do 1 de xaneiro de 2020 e non teñan executado mais dun 60 % do custo total das obras. A contía da subvención será de ata o 60 % do orzamento e ata un máximo de 5.000 euros por vivenda. 

 

Fonte | IGVS