A Xunta de Galicia destinará 10 millóns de euros para a rehabilitación de vivendas en 22 concellos | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia destinará 10 millóns de euros para a rehabilitación de vivendas en 22 concellos

A Xunta de Galicia destinará 10 millóns de euros para a rehabilitación de vivendas en 22 concellos

O Goberno galego autoizou os convenios para asignar 10,2 millóns de euros destinados a rehabilitación dunhas mil vivendas en 22 concellos, os cales poden destinar estes fondos ás súas 40 áreas de rehabilitación integral (ARI).

O importe máximo da subvención que poden recibir os propietarios é de 24.000 euros por vivenda, sen que se poida superar o 50 % do importe da actuación, salvo en casos de baixos recursos ou que se trate de obras de accesibilidade en vivendas con discapacitados ou maiores de 65 anos. Nese caso, a axuda pode chegar ao 85 %.

Os municipios beneficiarios son Ferrol, Mugardos, Corcubión, Noia, Rianxo e Santiago, Lugo, Castro de Rei, Chantada, Guitiriz, Mondoñedo, Monforte, Quiroga, Ribadeo, Sober, Ourense, Castro Caldelas, Ribadavia, Pontevedra, Caldas de Reis, Tui e Vigo.

Fonte | La Voz de Galicia