A Xunta de Galicia destinará 2,7 millóns de euros entre 29 áreas de rehabilitación integral  | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia destinará 2,7 millóns de euros entre 29 áreas de rehabilitación integral 

A Xunta de Galicia destinará 2,7 millóns de euros entre 29 áreas de rehabilitación integral 

Un total de 17 concellos presentaron as súas solicitudes para optar ao reparto de fondos destinados ás áreas de rehabilitación integral (ARI) en virtude da resolución publicada no DOG o pasado 30 de xuño. Deste xeito, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinará 2.665.741,81 euros ás actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas, urbanización e reurbanización nas 29 ARI para as que pediron financiación. 

O importe das subvencións estatais non poderán exceder do 40% do custo subvencionable da actuación. Os concellos recibirán por cada vivenda rehabilitada ou construida 2.500 euros (1.500 € da Xunta de Galicia e 1.000 € do Ministerio de Fomento) para financiar o custo de xestión e dos equipos e oficinas do planeamento, de información, de xestión e de acompañamento social. 

 

Fonte | Xunta de Galicia