A Xunta de Galicia e a Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco) colaboran por oitavo ano consecutivo para incentivar a rehabilitación en Galicia | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia e a Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco) colaboran por oitavo ano consecutivo para incentivar a rehabilitación en Galicia

A Xunta de Galicia e a Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco) colaboran por oitavo ano consecutivo para incentivar a rehabilitación en Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco) volverán colaborar na divulgación das diferentes liñas de axudas en materia de rehabilitación que a Xunta de Galicia pon a disposición de empresas, particulares e comunidades de propietarios co fin de incentivar aquelas actuacións que incidan na recuperación do patrimonio xa construído. O compromiso quedou plasmado o pasado xoves 9 de xullo no convenio asinado entre ambas entidades, que veñen colaborando de forma continuada desde o ano 2012. 

O Goberno galego destinará este ano a Asemaco unha achega de 15.000 euros co fin de que promocione entre o empresariado galego do sector da construción todos os programas de axudas xestionados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) relacionados coa rehabilitación. Este ano ofrécese un total de 10 liñas de subvencións destinadas a rehabilitar vivendas, cunha dotación global de máis de 39 millóns de euros. 

 

Fonte | IGVS