A Xunta de Galicia e a Asociación Española de Fabricantes de Ladrillos analizan medidas para reactivar a construción tras a crise da COVID-19 | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia e a Asociación Española de Fabricantes de Ladrillos analizan medidas para reactivar a construción tras a crise da COVID-19

A Xunta de Galicia e a Asociación Española de Fabricantes de Ladrillos analizan medidas para reactivar a construción tras a crise da COVID-19

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha videoconferencia con membros da Asociación Española de Fabricantes de Ladrillos e Tellas de Arxila Cocida (Hispalyt) para analizar o impacto que está a ter nestas empresas o estado de alarma derivado da COVID-19, así como as posibles medidas de impulso que contribuirían a estimular a súa actividade.

Os responsables de Hyspalit consideran necesario deseñar e aprobar un plan de reactivación do sector industrial da construción en diferentes eidos, incluído o da vivenda. A conselleira coincidiu na importancia de que todas as administracións competentes axuden a sentar as bases para garantir a recuperación dun sector estratéxico como o construtivo e trasladoulles as principais medidas impulsadas nas últimas semanas desde o seu departamento co obxectivo de salvagadar empregos e dinamizar a actividade construtiva en Galicia.

A Xunta de Galicia ofrece unha serie de incentivos e condicións ventaxosas ás empresas para axudalas a sobrelevar economicamente a actual situación, como ás medidas destinadas a facilitar e incentivar o acceso a unha vivenda por parte das familias galegas.

 

Fonte | Xunta de Galicia