A Xunta de Galicia e o COAG manifestan a súa oposición a modificación unilateral do Plan Estatal de Vivenda | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia e o COAG manifestan a súa oposición a modificación unilateral do Plan Estatal de Vivenda

A Xunta de Galicia e o COAG manifestan a súa oposición a modificación unilateral do Plan Estatal de Vivenda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha videoconferencia ca decana do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) co fin de analizar as últimas medidas anunciados polo Goberno central en materia de vivenda, así como as accións adoptadas pola Xunta de Galicia con fin de ofrecer garantías dende o punto de vista residencial aos colectivos máis vulnerables fronte a crise sanitaria actual. 

Ambos coincidiron en que non se pode modificar o contido do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 de forma unilateral e sen ter en conta as comunidades e sectores implicados, manifestando a súa oposición a que o Goberno empregue e desvíe fondos xa asignados e comprometidos, a financiar novas axudas dirixidas aos mesmos colectivos vulnerables que se benefician das axudas previstas en dito plan. 

A Xunta de Galicia ten intención de seguir adiante co Plan de Vivenda en Galicia que xenera cerca de 3.000 postos de traballo cada ano. 

 

Fonte | Xunta de Galicia