A Xunta de Galicia e o Colexio de Arquitectos de Galicia organizan unhas xornadas online para analizar o futuro do urbanismo galego | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia e o Colexio de Arquitectos de Galicia organizan unhas xornadas online para analizar o futuro do urbanismo galego

A Xunta de Galicia e o Colexio de Arquitectos de Galicia organizan unhas xornadas online para analizar o futuro do urbanismo galego

A Xunta de Galicia e o Colexio de Arquitectos de Galicia organizan catro xornadas online para analizar o camiño polo que evolucionará o urbanismo en Galicia. O obxectivo é plantexar ferramentas coas que procurar cidades de proximidade, cidades humanas e habitables, nas que se aproveiten as ferramentas e a tecnoloxía da era actual sen perder a perspectiva da escala humana, espazos dos que os seus habitantes sentan parte integrante fundamental porque tomen conciencia da posibilidade de participar no deseño da cidade na que queren vivir, son aspectos que poden contribuír decisivamente a cambiar a nosa sociedade e son algunhas das cuestións que se abordarán nestas xornadas.

A situación actual, marcada pola crise sanitaria da pandemia da COVID-19 pode converterse nunha oportunidade para facer fronte a vellos paradigmas, pois nos permitiu tomar conciencia do valor do espazo público, da importancia do colectivo fronte ao individual, así como da necesidade de vivir en sociedade e de facer fronte ao cambio climático unha vez constatada a incidencia da nosa actividade cotiá sobre o noso planeta.

 

Fonte | Xunta de Galicia