A Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia lanzan a Plataforma Urbanística Dixital | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia lanzan a Plataforma Urbanística Dixital

A Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia lanzan a Plataforma Urbanística Dixital

Os técnicos de urbanismo da Consellería de Medio Ambiente e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asentarán as bases da que será a Plataforma Urbanística Dixital, co ánimo de impulsar esta ferramenta para axilizar a tramitación urbanística de ámbito municipal. 

Á Plataforma permitirá a integración integral dos instrumentos de planeamento urbanístico, o que implicará a xestión de expedientes de planeamento integrando a tramitación urbanística conxuntamente cos concellos, ademáis de favorecer a participación pública dende a propia plataforma. Deste xeito, cando un concello inicie a tramitación poderá facelo directamente dende a plataforma e de maneira dixital, o que permitirá iniciar a información pública ou o seguimento da tramitación. 

Esta nova colaboración tamén permitirá facilitar os trámites ao administrado e impulsar a coordinación entre COAG, concellos e Xunta en materia urbanística. 

 

Fonte | Xunta de Galicia