A Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño colaborarán para rehabilitar o interior do antigo edificio do concello | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño colaborarán para rehabilitar o interior do antigo edificio do concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño colaborarán para rehabilitar o interior do antigo edificio do concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) colaborarán técnica e económicamente na rehabilitación interior da antiga casa consistorial para convertila na nova biblioteca pública municipal. Esta obra enmárcase dentro do Plan Hurbe, un programa posto en marcha no ano 2010 pola Xunta para apoiar ás entidades locais na execución de proxectos e actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público. 

Ambos firmaron un convenio de colaboración polo que se comprometen a cofinanciar as obras necesarias para rehabilitar o inmoble e destinalo a novos usos públicos. Os traballos terán un coste total estimado de 342.478,99 euros, dos cales a Xunta se compromete a aportar o 70% e o Concello de Salvaterra o 30% restante. 

A rehabilitación interior do antigo edificio do Concello de Salvaterra permitirá completar e continuar os traballos contratados o ano pasado polo Goberno municipal para acondicionar externamente o inmoble. 

 

Fonte | Xunta de Galicia