A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela acondicionarán unha parcela de 1.700 m2 para destinala a vivendas protexidas | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela acondicionarán unha parcela de 1.700 m2 para destinala a vivendas protexidas

A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela acondicionarán unha parcela de 1.700 m2 para destinala a vivendas protexidas

A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela colaborarán para levar a cabo o acondicionamento como zona verde dunha parcela de máis de 1.700 metros cadrados localizada en Xoán XXIII. A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda comprométese a levar a cabo o acondicionamento inicial dos terreos e o Concello a asumir as tarefas de mantemento da nova zona axardinada. 

Esta actuacion permitirá desbloquear a situación urbanística desta parcela, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e cunha localización privilexiada. O axardinamento da zona será só unha primeira fase que permitirá reducir o impacto visual na zona de cara ao Xacobeo 2021. O seguinte paso consistirá en determinar o futuro da parcela, que se destinará a ampliar o parque público residencial da cidade. 

 

Fonte | IGVS