A Xunta de Galicia habilita axudas para os concellos comprendidos na Área de Rehabilitación Integral da Ribeira Sacra | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia habilita axudas para os concellos comprendidos na Área de Rehabilitación Integral da Ribeira Sacra

A Xunta de Galicia habilita axudas para os concellos comprendidos na Área de Rehabilitación Integral da Ribeira Sacra

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 21 de febreiro a resolución pola que se declara a área de rehabilitación integral (ARI) da Ribeira Sacra. O obxectivo desta resolución é mellorar as vivendas situadas nas parroquias e nos núcleos de poboación dos concellos incluídos na mesma, que presentan edificacions en estado de abandono ou sen un mantemento adecuado, así como a mellora das instalacións públicas, vías de comunicación e dos espazos de relacións. 

Con tal fin, a Xunta de Galicia habilitará axudas públicas por un importe de 850.000 euros destinadas os 25 concellos das provincias de Lugo e Ourense comprendidos no ARI da Ribeira Sacra. 

O territorio da Ribeira Sacra caracterízase por ser disperso e contar con moitas vivendas susceptibles de rehabilitación, así como polas actuais carencias de accesibilidade nos espazos públicos. 

 

Fonte | Instituto Galego de Vivenda e Solo