A Xunta de Galicia incrementa nun millón de euros a dotación da convocatoria 2020 do Bono de Alugueiro Social  | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia incrementa nun millón de euros a dotación da convocatoria 2020 do Bono de Alugueiro Social 

A Xunta de Galicia incrementa nun millón de euros a dotación da convocatoria 2020 do Bono de Alugueiro Social 

A Xunta de Galicia incrementou nun millón de euros a dotación da convocatoria deste ano do Bono de Alugueiro Social, polo que, en total, o programa de axudas pasará a estar dotado con dous millóns de euros. Así consta na resolución publicada o 22 de xuño no Diario Oficial de Galicia. 

O Bono de Alugueiro Social é un programa xestionado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en virtude do cal se concede unha axuda mensual destinada ao pago do alugueiro. O importe mensual da axuda equivale ao 50 % do prezo máximo do alugueiro que poderá ter a vivenda. Como consecuencia da COVID-19, a Xunta decidiou que dende o pasado mes de abril e ata o próximo decembro, tanto os Bonos xa concedidos como os que se poden otorgar no que queda de ano cubran o 100 % do importe mensual do alugueiro. Deste xeito, os beneficiarios do programa non terán que abonar nada en concepto de renda neste periodo. 

O Bono de Alugueiro Social convocouse o pasado 3 de febreiro e o prazo para poder solicitar as axudas permanecerá aberto ata o próximo 11 de decembro. Ademáis, a Xunta de Galicia convocou tamén en 2020 o Bono de Alugueiro Social destinado especificamente ás vítimas de violencia de xénero, dotado na convocatorio deste ano cun total de 2,05 millóns de euros. 

 

Fonte | Xunta de Galicia