A Xunta de Galicia investirá preto de 700.000 euros na rehabilitación de oito vivendas protexidas en Cerdedo-Cotobade | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia investirá preto de 700.000 euros na rehabilitación de oito vivendas protexidas en Cerdedo-Cotobade

A Xunta de Galicia investirá preto de 700.000 euros na rehabilitación de oito vivendas protexidas en Cerdedo-Cotobade

A Xunta de Galicia investirá preto de 700.000 euros na rehabilitación de oito vivendas no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, rematando desta maneira a rehabilitación dun conxunto de 10 vivendas, das que dúas xa foron amañadas e entregadas aos seus adxudicatarios.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) adxudicou a rehabilitación á empresa COVIASTEC, S.L., que disporá dun prazo de nove meses para a execución das mesmas. A obra consistirá na rehabilitación de oito vivendas existentes en Cerdedo-Cotobade para a súa cualificación como vivendas de promoción pública (VPP) e posterior adxudicación a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia.

 

Fonte | Xunta de Galicia