A Xunta de Galicia realizará obras de restauración en dous edificios do casco histórico de Vilalba para destinalos a vivendas de promoción pública | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia realizará obras de restauración en dous edificios do casco histórico de Vilalba para destinalos a vivendas de promoción pública

A Xunta de Galicia realizará obras de restauración en dous edificios do casco histórico de Vilalba para destinalos a vivendas de promoción pública

A Xunta de Galicia anunciou a apertura do proceso de licitación, por valor de 400.000 euros, para a realización das obras de restauración de dous edificios ubicados no casco histórico de Vilalba e que serán destinados a vivendas de promoción pública (VPP). O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) publicou a licitación de sendos contratos para recuperar o inmoble da Rúa Ferrería 6 e o edificio situado na Rúa Concepción Arenal 14, ambos en estado de ruina. En ambos casos, o prazo para presentar ofertas por parte das empresas interesadas remata o 14 de xullo.

Unha vez rematadas as obras de rehabilitación, obteranse dúas vivendas unifamiliares. No caso da sitúada na Rúa Concepción Arenal, que conta cun presuposto de licitación de 136.105 euros, terá planta baixa e primeira planta. En canto ao edificio da Rúa Ferrería, que terá unha inversión de máis de 260.000 euros, contará cunha planta semisótano, dúas altas e un espazo de trastero no baixo cuberta. 

 

Fonte | El Progreso