A Xunta de Galicia reformará a Casa da Viúva en A Gudiña para convertila en albergue de peregrinos | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia reformará a Casa da Viúva en A Gudiña para convertila en albergue de peregrinos

A Xunta de Galicia reformará a Casa da Viúva en A Gudiña para convertila en albergue de peregrinos

A Casa da Viúva do Concello de A Gudiña convertirase nun novo albergue de peregrinos na Vía da Prata. A Xunta de Galicia invertirá 286.000 euros para reformar e adaptar o inmoble. O inmoble conta cunha superficie de 300 metros cadrados, disporá de tres planta e contará con capacidade para 43 novas prazas, dúas delas para persoas con mobilidade reducida.  

Segundo recolle o proxecto, a planta baixa e a primeira planta da edificación destinaranse para o uso do albergue, onde se instalarán os dormitorios colectivos, mentras que no semisótano instalarase unha sala multiusos cos servizos necesarios para realizar actividades xestionadas polo Concello. 

 

Fonte | La Región