A Xunta de Galicia solicita ao Goberno do Estado levantar o embargo dos fondos do Plan de Vivenda comprometidos xa en actuacións para os galegos | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia solicita ao Goberno do Estado levantar o embargo dos fondos do Plan de Vivenda comprometidos xa en actuacións para os galegos

A Xunta de Galicia solicita ao Goberno do Estado levantar o embargo dos fondos do Plan de Vivenda comprometidos xa en actuacións para os galegos

A Xunta de Galicia solicitou ao Goberno do Estado paralizar o embargo dos fondos actuais do Plan de Vivenda, relativos ás anualidades 2020 e 2021, xa que están comprometidos en distintas actuacións e accións para os galegos. 

As ferramentas que adopta o Estado para axudar aos galegos a manter e sufragar o alugueiro das súas vivendas, pasan por reestruturar os fondos actuais do Plan de Vivenda 2018-2020, polo que non se rata dunha dotación orzamentaria nova acorde ás medidas adoptadas. 

O Instituto Galego de Vivenda e Solo ten consignados os fondos do Plan de Vivenda nun 63% a través das convocatorias publicadas e nun 32% en convocatorias en tramitación; polo que o orzamento do Plan de Vivenda dispoñible limítase a un 5% do total, o que se traduce en 1,2 M€ que a Xunta de Galicia podería dedicar ás medidas establecidas para paliar as consecuencias provocadas pola crise do Covid-19 en materia de vivenda.

 

Fonte | Instituto Galego de Vivenda e Solo