A Xunta de Galicia xunto coa Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia poñen en marcha a plataforma legaliciate.gal  | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia xunto coa Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia poñen en marcha a plataforma legaliciate.gal 

A Xunta de Galicia xunto coa Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia poñen en marcha a plataforma legaliciate.gal 

A Xunta de Galicia está a colaborar coa Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga) nunha iniciativa para afondar na ordenación e normalización desta tipoloxía de aloxamentos. Trátase da posta en marcha de legaliciate.gal, unha web con recomendacións e instruccións para guiar aos propietarios no proceso de regularización dos seus aloxamentos, así como dunha campaña online que terá lugar durante todo o verán e os meses posteriores e que resume os principais requerimentos. 

legaliciate.gal ofrece aos usuarios respostas ás preguntas máis frecuentes sobre esta modalidade de aloxamento, facilita a descarga dos impresos necesarios para a súa reglamentación e pon a disposición dos propietarios unha guía que condensa en catro indicacións os pasos a seguir para ofertar un aloxamento deste tipo cumprindo coa legalidade. 

Do mesmo xeito, a plataforma ofrece un formulario dixital a través do cal Aviturga xestionará calquer tipo de incidencia que surxa no desenvolvemento desta actividade. Ademáis, esta iniciativa completarase nos próximos días coa posta en marcha dunha aula virtual de formación permanente que ofrecerá un ciclo de webinars destinados a formar aos propietarios de vivendas turísticos sobre os protocolos a aplicar este verán para garantir a máxima seguridade hixiénico-sanitaria. 

 

Fonte | Xunta de Galicia