A Xunta declara Área Rexurbe 135.000 metros cadrados da zona vella de Tui para impulsar a súa rehabilitación | Observatorio de Vivenda

A Xunta declara Área Rexurbe 135.000 metros cadrados da zona vella de Tui para impulsar a súa rehabilitación

A Xunta declara Área Rexurbe 135.000 metros cadrados da zona vella de Tui para impulsar a súa rehabilitación

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda declarou Área Rexurbe máis de 135.000 metros cadrados da zona vella de Tui (zona vella, Corredoira, Bispo Lago e Martínez Padín) , onde, segundo o informe realizado polo Concello, hai identificados máis de 360 edificios, dos cales 67 presentan un estado ruinoso. 

Esta figura ten como obxectivo principal identificar ámbitos que, pola súa degradación arquitectónica, declive socioeconómico ou polos seus especiais características, necesitan un apoio especial para lograr a súa revitalización integral.

Só existen tres Áreas Rexurbe en Galicia, localizadas en Mondoñedo, A Coruña e Ribadavia, ás que se suma agora unha cuarta: Tui.

Fonte | Faro de Vigo