A Xunta destaca un investimento de 10 millóns de euros no programa Rexurbe para a rehabilitación de 19 inmobles en Ferrol | Observatorio de Vivenda

A Xunta destaca un investimento de 10 millóns de euros no programa Rexurbe para a rehabilitación de 19 inmobles en Ferrol

A Xunta destaca un investimento de 10 millóns de euros no programa Rexurbe para a rehabilitación de 19 inmobles en Ferrol

A Xunta destaca un investimento de 10 millóns de euros para a rehabilitación de 19 inmobles en Ferrol, dos cales tres millóns de euros están xa orzamentados para este ano 2021 de xeito que, ademais deste edificio que xa está rematado, este ano comezará a rehabilitación doutros 13.

Así, o obxectivo destes programas é a recuperación de conxuntos históricos especialmente degradados, desde o punto de vista arquitectónico e social e así conseguiuse xa poñer á disposición dos veciños 38 novas vivendas protexidas e 4 locais comercias, que se ofertarán para a implantación de iniciativas empresariais.

Na actualidade o Programa Rexurbe está actuando en 9 localidades –Lugo, Mondoñedo, Vilalba, Viveiro, Ourense, Ribadavia, Tui e Betanzos-, onde hai actuacións rematadas, en curso ou previstas en 59 inmobles xa adquiridos coa previsión de obter máis de 100 vivendas, que se destinarán a aluguer en condicións vantaxosas.

Fonte | Xunta de Galicia