A Xunta destina 2 millóns de euros para facilitar un fogar ás vítimas da violencia de xénero e garantir a súa autonomía e independencia | Observatorio de Vivenda

A Xunta destina 2 millóns de euros para facilitar un fogar ás vítimas da violencia de xénero e garantir a súa autonomía e independencia

A Xunta destina 2 millóns de euros para facilitar un fogar ás vítimas da violencia de xénero e garantir a súa autonomía e independencia

A Xunta de Galicia habilita unha liña de axudas con máis de dous millóns de euros para ofrecer unha oportunidade e garantir a autonomía e independencia ás vítimas da violencia de xénero, garantíndolles o acceso a un fogar, de forma que nas vindeiras semanas o Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá formalizar unha convocatoria específica para o presente exercicio no Diario Oficial de Galicia.

Esta medida concreta está incluída no Bono de Alugueiro Social, convocado o pasado 21 de xaneiro, e posto en marcha en 2015 e que a día de hoxe permite garantir unha vivenda a máis de 500 familias e supón darlles unha oportunidade para comezar unha nova vida na que sexan capaces de recuperar a capacidade de tomar decisións sen temores e medos e con total e absoluta independencia.

A concesión será por un período de 12 meses, prorrogable dúas veces máis ata chegar a un máximo de tres anos. Poderase solicitar tamén unha axuda única adicional, de ata 600 euros, que se destinará a atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións ou a facer fronte a pagos atrasados.

Fonte | Xunta de Galicia