A Xunta destina máis de 212.000 euros ás obras de reparación e conservación exterior de dous bloques de vivendas do poboado mineiro de Fontao, en Vila de Cruces | Observatorio de Vivenda

A Xunta destina máis de 212.000 euros ás obras de reparación e conservación exterior de dous bloques de vivendas do poboado mineiro de Fontao, en Vila de Cruces

A Xunta destina máis de 212.000 euros ás obras de reparación e conservación exterior de dous bloques de vivendas do poboado mineiro de Fontao, en Vila de Cruces

A Xunta de Galicia destinará máis de 212.000 euros á execución de obras de reparación e conservación exterior de dous bloques do poboado mineiro de Fontao, rehabilitado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, no Concello de Vila de Cruces.

A obra a realizar consistirá na reparación e conservación dos bloques 2 e 8, que están compostos por un total de 16 vivendas. A intervención, partindo da premisa do respecto ao valor arquitectónico do conxunto, ten como principal obxectivo a mellora da eficiencia enerxética das vivendas e consiste basicamente na aplicación dun novo enfuscado e pintado sobre o sistema de illamento térmico exterior (SATE) existente nas fachadas, na substitución e restauración de parte das carpintarías exteriores e na reparación de humidades

Fonte | Xunta de Galicia