A Xunta destina máis de 6,6 M € en axudas para as áreas de rehabilitación dos camiños de Santiago, da Ribeira Sacra e de Illas Atlánticas | Observatorio de Vivenda

A Xunta destina máis de 6,6 M € en axudas para as áreas de rehabilitación dos camiños de Santiago, da Ribeira Sacra e de Illas Atlánticas

A Xunta destina máis de 6,6 M € en axudas para as áreas de rehabilitación dos camiños de Santiago, da Ribeira Sacra e de Illas Atlánticas

A Xunta de Galicia destinará este ano un total de 6.617.000 á concesión de axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios residenciais nas Áreas de rehabilitación integral (ARI) supramunicipais dos Camiños de Santiago, da Ribeira Sacra e na do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O próximo luns, 30 de outubro, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) pola que se realiza a convocatoria correspondente ás referidas liñas de axudas para 2023.

En concreto, para a ARI dos Camiños a dotación será de 5.472.000 euros, para a da Ribeira Sacra ascenderá a 1.133.000 euros e no caso da ARI das Illas Atlánticas, convocaranse por 12.000 euros. As solicitudes poderán presentarse a partir do día seguinte da súa publicación (é dicir, desde o 31 de outubro) e ata o 30 de novembro, salvo que previamente se esgote o orzamento dispoñible.

Fonte.- Xunta de Galicia