A Xunta destinará 157 millóns de euros a axudas e actuacións directas para a rehabilitación de vivendas en 2022 | Observatorio de Vivenda

A Xunta destinará 157 millóns de euros a axudas e actuacións directas para a rehabilitación de vivendas en 2022

A Xunta destinará 157 millóns de euros a axudas e actuacións directas para a rehabilitación de vivendas en 2022

O Goberno galego destinará, en 2022, 157 millóns de euros a axudas e actuacións directas para a rehabilitación de vivendas para reforzar a aposta pola recuperación, o que xerará uns 360 millóns de investimento total e preto de 17.000 postos de traballo, e dos que se beneficiarán 16.000 familias galegas.

Trátase de sete liñas do plan europeo de rehabilitación de vivenda e rexeneración urbana; seis liñas propias da Xunta, e actuacións directas do Goberno galego a través de instrumentos como o programa Rexurbe, o Consorcio Casco Vello de Vigo e o mantemento do parque público de vivendas.

No que atinxe ás liñas europeas, suman un importe de máis de 117 millóns de euros a repartir en varios programas como o Programa de axuda á rehabilitación a nivel de barrio (22,9M€).

Pola parte do Xunta financiaránse distintos programas como o Programa de axudas ás actuacións a nivel de edificio, ao que se destinarán preto de 23 millóns de euros para mellorar principalmente fachadas e cubertas ou o Programa de axudas ás actuacións de mellora de eficiencia enerxética, cun orzamento total de 13,5 millóns de euros para cambio de fiestras, entre outras.

 

Fonte | Xunta de Galicia