A Xunta destinará no ano 2022 160 millóns de euros a impulsar a rehabilitación residencial, facilitar o acceso á vivenda e favorecer a implantación de empresas en Galicia | Observatorio de Vivenda

A Xunta destinará no ano 2022 160 millóns de euros a impulsar a rehabilitación residencial, facilitar o acceso á vivenda e favorecer a implantación de empresas en Galicia

A Xunta destinará no ano 2022 160 millóns de euros a impulsar a rehabilitación residencial, facilitar o acceso á vivenda e favorecer a implantación de empresas en Galicia

A Xunta de Galicia destinará o próximo ano un orzamento de case 160 millóns de euros a desenvolver as políticas relacionadas coa vivenda e o solo empresarial, de forma que os investimentos xirarán ao redor de tres eixes principais: facilitar o acceso dos cidadáns a unha vivenda, tanto en réxime de compra como en alugueiro; darlle un pulo definitivo á rehabilitación do patrimonio construído con fins residenciais; e favorecer a implantación e a expansión de empresas en Galicia con medidas dinamizadoras do solo empresarial.

Así, preto de 60 millóns de euros o orzamento destinado a fomentar e facilitar o acceso dos galegos a un fogar a través da construción de vivenda pública por parte do IGVS; da rehabilitación no marco do programa Rexurbe; das axudas para a creación e ampliación dos parques públicos municipais; e das liñas de apoio a promotores para facer vivenda nova sobre solo público con destino ao alugueiro.

Así mesmo, tamén fará un esforzo especial o vindeiro ano para que a mocidade poida acceder con máis facilidade a un fogar e independizarse a través de avais aos mozos menores de 35 anos para a compra da súa primeira vivenda de ata un 15% do crédito solicitado.

En materia de rehabilitación residencial, duplícase o orzamento para os programas que buscan recuperar o patrimonio xa construído, un apartado que suma un total de 75,2 millóns de euros, a maior cifra destinada a este capítulo pola Xunta na última década.Nesta contía inclúense os 10 millóns reservados o próximo ano para o Rexurbe.

Fonte | Xunta de Galicia