A Xunta destinará á rehabilitación de vivenda en Galicia en 2022 o maior orzamento da última década: máis de 57 millóns de euros | Observatorio de Vivenda

A Xunta destinará á rehabilitación de vivenda en Galicia en 2022 o maior orzamento da última década: máis de 57 millóns de euros

A Xunta destinará á rehabilitación de vivenda en Galicia en 2022 o maior orzamento da última década: máis de 57 millóns de euros

A Xunta destinará ao longo de 2022 máis de 57,4 millóns de euros aos programas de rehabilitación para mellorar o parque de vivendas da Comunidade galega, un 53% máis que o ano pasado, o que supón o maior orzamento destinado á rehabilitación na última década.

Con este orzamento o que se pretende é que en 2022 se continúe co impulso de medidas para facilitar o acceso a unha vivenda e recuperar os inmobles sen vida, evitando o abandono e a desprotección.

Ademáis, o programa Rexurbe contará no vindeiro exercicio con 10 millóns de euros para comprar e rehabilitar inmobles, dos cales, preto dun 20% será absorbido por Ferrol (2,5 millóns de euros).

Este programa, xunto coas axudas para a adquisición de vivenda en centros históricos e outras iniciativas como as subvencións ás diferentes ARI, axudarán ao impulso da rehabilitación de vivendas na comunidade.

Fonte | Xunta de Galicia